Ámame anarquista frenéticamente mentras desanudo e ceibo o pano che enreda a cabeleira e libero o teu peito xa sen freno xa sen senso sempre cara a fronteira roxa e negra e violeta ámame cara esquerda cara a cara cara a noite cara a ti sempre cara ti mesma. Ámame anarquista mesmo contra ti mesma.
RODRÍGUEZ FER, C. “Ámame anaquista”. In: GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R.; NAVAZA BLANCO, G.; RODRÍGUEZ GÓMEZ, L. Literatura Galega. Vigo, Edicións Xerais de Galícia, 1991.
| |
|